Arcadio Pardiñas 165 Baixo Telf: 982 87 99 13 Email: contacto@misenplas.es Síguenos en Instagram Mis en plas Foursquare Mis en plas Dispoñemos de

Mis en Plas…

Remontémonos o que podería considerarse un comezo, chamemóslle “os primeiros castelos no aire”. Todo comezou ala polo ano 2003 cando tres rapaces en plena adolescencia comezan a cursar conxuntamente os primeiros estudos de hostalería.

De quen estamos a falar? Presentovos:

Carlos Perez Martín

este espécimen e coñecido vulgarmente coma un “cocinillas”, un “pela patacas” ou un “pica cebolas”. Máximo responsable do corazón do Mis en Plas, na sua cociña dirixe os fogóns para satisfacer ata o paladar máis esixente. Capaz de responder ante a presión máis alta, dotado polos Deuses no manexo do cóitelo está considerado como un cociñeiro en extinción. Caracterizado por unha personalidade inestable e enfermiza para el é imprescindible ter na cociña música, sen ela, non sabería funcionar.

Pablo Fernández Rey

responde ó nome de “camareta”, “pisa moquetas”, “carreta platos” ou “jefe”. Camareiro servicial e atento, con un alto sentido da responsabilidade, leva a xestión no Mis en Plas e pon a seriedade empresarial que os seus socios son incapaces de aportar. Mantén calquer factura en orde, é o pilar básico para a cordura burocrática dun restaurante. Con el flúen os servizos e axiliza calquer comida, indepensable, é un profesional.

Alfonso Fernández Rey

deste que vamos decir, irmán de Pablo pero con a carencia de seriedade e responsabilidade. Simpatico, mima a atención o cliente e ameniza unha xornada laboral con a sua forma de ser. Curioso, inquieto e amante das bebida, un “sumiller” cun enfoque persoal.

Aprobeito para que coñezades o noso equipo actual, a cociña compoñena:

Daniel Rivas, un rapaciño novo con ganas de dar o mellor de si mesmo.Iso si, non atoparedes a ninguén máis cabezón. Con escuela e curtíndose para ser un cociñeiro completo.

Loli, axuda na cociña e algo na barra, unha muller polivalente e moi traballadora, tamen ás veces eche algo empanada, pero querémola igual!

Belén, unha muller de medio metro de enerxía e puro nervio.

Na Barra contamos con:

Lara Pérez unha rapaza moi resultona que deleita a rapaces que inxenuos, non saben que está felizmente casada. Últimamente non rompe ningunha copa e iso que lle toca correr os fins de semana.

Ángela unha fonsagradina de falares moi raros pero con moitas ganas de aprender e dar o mellor de si.

Ben, unha vez feitas as presentacións pertinentes retomemos a historia, tras rematar os estudos de hostalería estes tres mozos toman rumbos distintos por diferentes zonas de España. Aínda que nalgunha etapa coinciden laboralmente nunca perden o contacto, pese á distancia sempre conservan a amizade. Tras 11 anos madurando, profesionalizándose, evolucionando, azquirindo experiencia, curtíndose e en difinitiva absorvendo o preciso para este gran momento que temos na actualidade.

Sempre xurdiron conversas sobre un futuro local, planificando comidas e estilos, debatindo ideas e xuntando puntos de vista. E por fin, tras a mais recente etapa da nosa vida coincidimos nunha mesma ubicación e por fin tras incansables charlas un dia apareceunos unha oportunidade…que a dia de hoxe se chama MIS EN PLAS onde vos agardamos!